PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra comprométese a achegar os recursos que sexan necesarios para executar a reforma estrutural do estadio de Pasarón. BNG e PSOE compareceron hoxe xuntos para anunciar que colaborarán para aprobar esta achega aínda por determinar, que se consignará nos orzamentos do 2027. Polo de momento, o goberno local está a traballar nos pregos para sacar a licitación a realización do proxecto. Dende o executivo non se atreven a dar prazos e advirten: a obra será lenta cara e dolorosa.
Así resumiu a concelleira de Deportes de Pontevedra o que agardan que sexa a reforma do estadio municipal de Pasarón. Hoxe BNG e PSOE fixeron público o seu acordo para consignar os cartos necesarios para esta actuación.
Dende o PSOE, Iván Puentes lamentou os retrasos na xestión desta obra. Recordou que xa en marzo deste ano, a súa formación levara ao pleno municipal unha moción reclamando a reforma do estadio. Un retraso do que culpou ao líder do PP pontevedrés.
Gulías asegurou que o concello está traballando xa na redacción dos pregos para sacar o proxecto de obra con urxencia. Non se atreveu a dar un prazo pero asegurou que o acordo co PSOE contempla que se fagan canto antes. Tamén apuntou que as obras serían incompatibles coa celebración de partidos en Pasarón.











