PONTEVEDRA> O Partido Popular pide a dimisión da presidenta da Deputación de Pontevedra trala sentenza do Tribunal Supremo polo enchufe da súa cuñada. Os populares consideran que Carmela Silva debe renunciar por responsabilidade política e dignididade. Cargan tamén contra o BNG, socios no goberno provincial, por mirar cara a outro lado.
O PP pide a dimisión de Carmela Silva tras coñecerse que o Tribunal Supremo Confirmou a pena de 5 anos e tres meses de cadea para o exalto funcionario do Concello de Vigo. A sentenza considera probado que promoveu a adxudicación irrregular de varios contratos a unha concesionaria municipal, para pagarlle un salario á familiar da socialista.
Cubela argumenta que Silva deba deixa-lo cargo “por responsabilidade política, por ética e por dignidade”. A presidenta da Deputación, pola súa banda, segue sen pronuniciarse sobre o caso, algo que afean dende o Partido Popular.
Pregúntanse tamén que pasaría se o caso afectase a un dirixente popular. Ademais Cargan tamén contra o BNG, socios no goberno provincial, por –din- mirar cara a outro lado.