O PP de Pontevedra ofrece un “pacto pola reconstrución” á corporación municipal

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra comeza a traballar de cara á desescalada. Os populares cren que é fundamental realizar un “pacto pola reconstrución” entre todos os grupos políticos do Concello. Un pacto baseado nos piares da seguridade, economía e servizos sociais.

O Partido Popular de Pontevedra ofreceu esta mañá ao goberno municipal a posibilidade de realizar un “pacto pola reconstrución”. Os populares entenden que este pacto debería estar sustentado pola lealdade institucional e baseado en tres piares. O primeiro, a seguridade.

Tras a crise sanitaria, España deberá afrontarse a unha importante crise económica. Por iso, os populares entenden que é imprescindible poñer todas as plataformas posibles de cara á recuperación económica do Concello de Pontevedra.

Os colectivos máis vulnerables serán os máis afectados por esta crise crise sanitaria. Neste eido, os populares fan fincapé na importancia de reforzar, tanto con capital económico como humano, todos os servizos sociais.

O voceiro popular ve insuficientes as medidas adoptadas ata o de agora polo Concello de Pontevedra e pide maior implicación por parte do goberno municipal.

Os populares pedirán a creación dunha comisión específica para debater todos estes asuntos e conseguir, entre todos, un “pacto pola reconstrución”.