Periodistas

De luns a venres ás 16.00 hs. teñen unha cita con Periodistas en TVSB CANAL RÍAS BAIXAS. A serie vén avalada por unha audiencia de máis de catro millóns e medio de espectadores de media coa que superou todas as expectativas na súa emisión a través de Telecinco, e que está a acadar un notable éxito na nosa emisión.

Periodistas, unha das mellores series do país da década dos 90, narra as aventuras persoais do grupo de profesionais que conforman a sección de Local do xornal Crónica Universal, quen a forza de traballar converteron a redacción do xornal nun auténtico fogar, onde se entrecruzan as súas vidas. A serie reflicte os anhelos, desexos e conflictos das mulleres e homes do novo século, nunha narración emotiva e fascinante.