¿Podería ser este o novo vehículo oficial de Gago?
|
Se finalmente fose o da foto o novo coche oficial do alcalde de Vilagarcía ¿creríamos que se trata dunha casualidade? ¿Sería casual que os vehículos da Policía Local de Vilagarcía fosen da mesma marca? |
A suba xustificaríase pola "necesidade" de que o Sr. Alcalde dispoña de coche oficial, iso si, de alta gama (+/-50.000€), adquirido mediante a fórmula do Renting (a máis cara).
Algunhas contradiccións:
Mentres o alcalde vilagarcían, Javier Gago López, vai anunciando que proporá unha suba nos impostos e taxas (auga, lixo, IBI…) tamén vai dicindo para que se utilizarán os novos fondos.
Claro que o vehículo non só sería para uso do Sr. Alcalde , senón que o utilizarían, os membros da Xunta de Goberno, os concelleiros (liberados e non) e os altos funcionarios do Concello. É dicir, unhas 35 persoas.
¡Isto si que é boa xestión e optimizar os recursos dos cidadáns!
Iso sen deixar de lembrar, que a devandita adquisición, se se produce, segundo o alcalde é por atender ás suxestións dalgún membro da oposición realizadas no transcurso dunha comida oficial.
¡Que pena que o actual alcalde de Vilagaría non lle faga o mesmo caso ós membros da oposición cando presentan as súas mocións ó pleno municipal!








