Aviso Legal

 
 

 

Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. (en diante, CANALRIASBAIXAS) é titular do website www.canalriasbaixas.com

  1. DATOS IDENTIFICATIVOS

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a continuación reflíctense os datos seguintes:

A empresa titular desta website é Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. (en diante, CANALRIASBAIXAS), con enderezo en O Freixo, nº 2 36636 de Ribadumia (Pontevedra), con número de C.I.F.: B-36.223.600, inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra na folla 167, do tomo 1577, folla PO-13747, inscrición 1ª. Correo electrónico de contacto info@canalriasbaixas.com, en diante denominaremos o portal, a páxina maila web como, CANALRIASBAIXAS.

2. USUARIOS

 O acceso e/ou uso dos portais de CANALRIASBAIXAS atribúe a condición de USUARIO, que acepta, dende dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

3. USO DO PORTAL

Os "sites" de CANALRIASBAIXAS proporcionan o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, "os contidos") en Internet pertencentes a CANALRIASBAIXAS ou ós seus licenciantes ós que o USUARIO poida ter acceso.

O USUARIO asume a responsabilidade do uso do PORTAL. Esta responsabilidade  esténdese ó rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. Neste rexistro o USUARIO será responsable de aportar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ó USUARIO pódeselle proporcionar un contrasinal sobre o que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.

 O USUARIO comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (como por exemplo servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias) que CANALRIASBAIXAS ofrece a través dos seus websites e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (I) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (II) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humans; (III) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de CANALRIASBAIXAS, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos anteriormente mencionados; (IV) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico de outros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.

 CANALRIASBAIXAS resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ó seu xuízo, non resultaran adecuados para a súa publicación.

En calquera caso, CANALRIASBAIXAS non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación.

 

4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

CANALRIASBAIXAS por si ou como cesionaria, é  titular de tódolos dereitos de propiedade intelectual e industrial das súas páxinas webs, así como dos elementos contidos no mesmo (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estructura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc…), titularidade de CANALRIASBAIXAS ou ben dos seus licenciantes.

O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de CANALRIASBAIXAS. Poderá visualizar os elementos das diferentes websites e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, polo tanto, terminantemente prohibida a transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición ou calquera outra forma de explotación, así como a súa modificación, alteración ou descompilación. O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado nas páxinas de CANALRIASBAIXAS.

 

5. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

 CANALRIASBAIXAS non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as  medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

 

6. MODIFICACIÓNS:

CANALRIASBAIXAS resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas nos seus websites, puidendo trocar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma coma a forma na que istos aparezan presentados ou localizados nos seus websites.

 

7. EMPREGO DE COOKIES

CANALRIASBAIXAS poderá utilizar cookies para persoalizar e facilitar ó máximo a navegación do USUARIO polos websites. As cookies asócianse unicamente a un USUARIO anónimo e o seu ordenador e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do USUARIO. O USUARIO poderá configurar o seu navegador para que notifique e rexeite a instalación das cookies enviadas por CANALRIASBAIXAS, sen que iso prexudique a posibilidade do USUARIO de acceder ós Contidos.

 

8.  ENLACES

No caso de que nas websites se dispuxesen enlaces ou hipervínculos cara outros sitios de Internet, CANALRIASBAIXAS non exercerá ningún tipo de control sobre eses sitios e contidos.

En ningún caso CANALRIASBAIXAS asumirá responsabilidade algunha polos contidos de algún enlace pertencente a un sitio web alleo, ni garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún dos hipervínculos ou outros sitios de Internet.

Igualmente a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

 

9. DEREITO DE EXCLUSIÓN

CANALRIASBAIXAS resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ós seus websites e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

 

10. XERALIDADES

CANALRIASBAIXAS perseguirá o incumprimento das presentes condicións así coma calquera utilización indebida dos seus websites exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

 

11. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN

CANALRIASBAIXAS poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen.

A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

 

12. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN

A relación entre CANALRIASBAIXAS e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase ós Xulgados e tribunais da cidade de Vilagarcía de Arousa.