PORTO DO SON> Xa hai preto de douscentos cincuenta inscritos na quinta edición desta ultraandaina de cen quilómetros que este ano partirá de Porto do Son. Ademais de deportistas de toda Galicia, tomarán parte na proba participantes de diversos puntos de España e Europa. O itinerario, que partirá ás catro da tarde do sábado trinta dende o porto sonense, percorrerá algúns dos puntos máis emblemáticos da comarca, como o Castro de Baroña, o Dolmen de Axeitos ou A Curota. Dende San Lourenzo chegarán ata a Cova da Moura xa en Noia, Monte Lois, CAmboño e volta ó Son onde finaliza o percorrido o domingo ás catro, 24 horas despois. A organización estima que durante a fin de semana achegaranse ata Porto do Son ó redor de catrocentas persoas, o que supón un importante pulo a nivel turístico. Os interesados en participar dispoñen de prazo ata o día 25 para inscribirse na web da peña organizadora International Trekkers www. itrekkers.org.
Inicio crb