Galicia destruíu 12.900 empregos no primeiro trimestre do 2015

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/23/resultados_enquisa_epa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/23/resultados_enquisa_epa.mp4{/flowplayer}

 

GALICIA> Galicia destruíu case 13.000 empregos no primeiro trimestre do 2015, 6.000 deles na provincia de Pontevedra. Estes son os malos datos que deixa para a economía galega a Enquisa de Poboación Activa publicada hoxe. A fin dos contratos da tempada do Nadal déixase notar nos rexistros, coa caída máis importante nos servizos. O único dato positivo chega da construción: o ladrillo deixa 3.100 novos ocupados.

A Enquisa de Poboación Activa contradí as mensaxes de recuperación. Entre xaneiro e marzo, Galicia destruíu 12.900 postos de traballo.

O sector servizos é o que máis traballadores enviou ás colas do paro, 13.400. Na industria e no sector primario, con 2.400 e 200 empregados menos, a caída foi menor, pero o número total de ocupados sitúase de novo por debaixo do millón. O único dato positivo chega da construción; con 3.100 novos ocupados, o sector contáxiase da euforia electoral dos partidos.

Tradicionalmente, o primeiro trimestre do ano é un mal trimestre para o paro. Pero as cifras non son o único punto negativo. Dende os sindicatos tamén advirten do incremento da precariedade.

Outra realidade que descobre a EPA é o número de fogares nos que todos os membros están no paro. Só en Galicia, xa son 90.000.

No conxunto de España, os datos son menos negativos. O número de parados caeu en 114.300 persoas, pero o paro se reduciu en 13.100. Só crearon emprego a construción e a industria.