A Consellería de Industria presenta en Cambados o selo de comercio

    dv_745_-_selo_calidade_100.jpgCAMBADOS > A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, e a delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado Cores,…

    …visitaron onte Cambados para presentar o selo de calidade do comercio; unha iniciativa da Xunta de Galicia destinada á implantación dunhas normas de calidade xeralizadas para os pequenos comerciantes, que destaque de entre outras marcas e identificativos de cara a súa percepción polo consumidor.

    Este selo de calidade vai a levar parello tamén un certo valor engadido, que se deixará sentir no trato cos clientes e noutros aspectos como a sinaléctica dos seus locais, o uso sen discriminación algunha do galego; a eliminación de barreiras arquitectónicas ou o fomento de medias de aforro enerxético e de conciliación da vida persoal e laboral dos traballadores.

    A Directora xeral salientou tamén a importante acollida que estaba a ter no sector esta proposta do goberno galego, que xa conta con máis dun milleiro de interesados en todo o país. En vindeiros días, técnicos da Consellería de Innovación e Industria visitarán esta localidade para explicar ós comerciantes sobre o terreo os pormenores desta iniciativa.

    As representantes da Xunta aproveitaron a ocasión para visitar, xunto co presidente da Asociación Cambados Zona Centro, Marcos César González, varios establecementos locais, nos que tiveron a ben explicar persoa a persoa, as características desta iniciativa.

    Redacción Salnés