A alameda da Pobra transformarase nun xardín do terror

A POBRA> A alameda da Pobra transformarase este sábado nun xardín do terror para celebrar o samaín. A partir das oito da tarde, tan só os máis atrevidos ousarán introducirse nesta pasaxe de misterio que agocha moitas sorpresas ocultas.

Os bucólicos xardíns Valle-Inclán da alameda da Pobra mudarán por completo a súa imaxe este sábado para celebrar o samaín. Converteranse nunha auténtica pasaxe do terror, tan só apta para os máis atrevidos. O programa dará comezo ás oito da tarde coa apertura do xardín do terror.

Dende o concello animan á veciñanza a acudir disfrazados para contribuír á ambientación e formar parte desta tradición tan arraigada na cultura galega.