O BNG da Pobra esixe a retirada dos postes na estrada de Roupión a Banda

    POBRA> O vial foi obxecto dunha mellora recentemente que supuxo a súa ampliación. A ampliación do vial de acceso de Roupión a Banda, na parroquia de Santa Cruz, levada a cabo hai varios meses con cargo ós orzamentos municipais deixou unha imaxe bastante lamentable, cos postes de alumeado e telefonía no mesmo lugar no que estaban, no medio e medio da calzada. O BNG, que xa reclamara no seu día a ampliación da estrada, faise eco agora de novo do malestar dos veciños da zona por esta situación, pedíndolle ó equipo de goberno a súa intermediación coas respectivas compañías para que procedan á retirada dos postes. Dende o BNG apuntan a que a situación non provocou ata o de agora ningún incidente, pero está claro que a súa actual ubicación constitúe un risco evidente para a seguridade viaria.