Canal Rías Baixas emite en directo por streaming a Xornada do Día da Muller Rural que se celebra nas Adegas Martín Códax.
Con esta xornada a Asociación Amigos do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño-Rías Baixas busca contribuír ó recoñecemento do papel da muller no mundo rural, tanto no mantemento das explotacións vitivinícolas, como a transformación da uva en viño e a súa promoción e comercialización.
Contará con mulleres relatoras de referencia para o mundo agrario e do viño que tamén axuden a difundir a Galicia como unha Comunidade Autónoma implicada coa loita pola igualdade das mulleres. Ademais incluirá unha parte para a presentación das axudas e apoios que a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade está a
brindar as mulleres de Galicia para alcanzar o obxectivo último dunha igualdade real e efectiva en todos os eidos e sectores.
Programa
De 10:00 a 10:15 h Recollida de materiais e acreditacións
De 10:15 a 10:30 h Apertura e Benvida
Xoán Antonio Allegue López. Presidente Bodegas Martín Códax
De 10:30 a 10:50 h Inauguración das Xornadas
Susana López Abella. Secretaria Xeral Igualdade. Xunta de Galicia
De 10:50 a 11:15 h Título: “O camiño da muller rural: da viña á adega”
Eugenia Medina González. Presidenta da Asociación Galega de Mulleres Rurais AGAMUR
De 11:15 a 11:45 h Pausa para o café
De 11:45 a 13:15 h Mesa redonda: Mulleres referentes no medio rural
Moderadora: CarmenChao, Periodista
Interveñen:
Marisol Bueno Berrio-Ategortua. Adegueira e Presidenta-Fundadora da D.O. Rías Baixas
Katia Álvarez. Directora de Enoloxía de Bodegas Martín Códax
Cristina Fernández Armesto. Directora Casa Grande de Xanceda
Xiana Domínguez Álvarez. Viticultora e Propietaria de Bodega Chao do Couso
De 13:15 a 14:00 h Título: “Galicia, nai da política rural”
José González Vázquez. Conselleiro do Medio Rural. Xunta de Galicia
14:00 h Clausura
Alfonso Rueda Valenzuela. Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Xunta de Galicia
14:15 h Xantar