![]()
VILAGARCÍA> O informe elaborouse a través do Plan Comercia posto en marcha pola entidade provincial en 2009.
{flowplayer}images/salnes/ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}
Os técnicos da Deputación de Pontevedra, fixeron entrega dun dossier que contén un diagnóstico das asociacións da provincia adscritas ó Plan Director de Comercio, elaborado ó longo do ano pasado. O obxectivo deste estudio, é proporcionar apoio técnico para fixar novos proxectos ou consolidar os xa iniciados.
No caso de Zona Aberta, os técnicos destacaron que é unha asociación moi consolidada centrada no comercio minorista.
A presidenta da asociación vilagarciá, Rocío Louzán, agradeceu a colaboración da Deputación para impulsalo comercio.
No informe se destacan os aspectos nos que o colectivo vilagarcián debe incrementar os seus esforzos para obter mellores resultados, como a comunicación interna cos seus asociados ou os usos do local.
Redacción Salnés







