Saneamento das arcas grazas ó novo servizo de abastecemento

    duran_copia100.jpgVILANOVA> Coa adxudicación do servizo de abastecemento de auga ingresará 2.300.000 euros, que coincide co remanente negativo da tesourería.

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_DURAN.flv{/flowplayer}

    Espina e Delfín vai ser a empresa encargada de realizar as obras de mellora do alcantarillado do Concello de Vilanova. A adxudicación deste servizo vai supoñer un revulsivo para as arcas municipais, xa que ingresará en subvencións 2.300.000 euros, que coincide co remanente negativo da tesourería. Durán arremeteu duramente contra aqueles que dubidaban de conseguir estes ingresos.

     Outra das obras que se van realizar no municipio, é a pavimentación da Praza da Vella. As máquinas traballan para nivelar a praza.

    Por outra parte, o concello de Vilanova vaise adherir ó acordo co Concello de Vilaboa sobre a equiparación do Núcleo Rural Tradicional ó Solo Urbano, ós efectos da redución da liña de protección de costas.

    Durán espera que este acordo se aprobe por unanimidade.

    Redacción Salnés