Os empresarios de Espiñeira avanzan na constitución da xestora

    xestorapoligono.jpgBOIRO> Os propietarios do polígono de Espiñeira xa formalizaron o primeiro trámite para a constitución da xunta que asumirá a xestión do parque.

    {flowplayer}barbanza/xestorapoligono.flv{/flowplayer}

    Trala aprobación dos estatutos quedou aberto o prazo para a presentación de candidaturas que se prolongará durante vinte días. Unha vez finalizado, o día 26 de outubro terá lugar unha nova asemblea para a elección dos membros da comisión que integrará a Entidade Urbanística e de Conservación do polígono de Espiñeira.

    O seu labor pincipal será o de corrixir as deficiencias que presenta o polígono dende a súa posta en funcionamento como os problemas na presión da auga e do subministro eléctrico así como a falla de limpeza.

    Máis vixilancia

    A seguridade será outra das prioridades da nova comisión que ten en proxecto a instalación de cámaras de videovixilancia para evitar os roubos.

    Os empresarios confían na vontade de colaboración do concello e de Xestur para, entre todos, facer do polígono un lugar dinámico que invite á implantación de novas empresas e contribúa a atraer clientes.

    Redacción Barbanza