Arousa Norte impulsa un proxecto para converter ó Barbanza nun referente do turismo arqueolóxico

BARBANZA> A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña, que respalda a proposta cunha achega duns 500 mil euros. A mancomunidade Arousa Norte presentaba esta mañá un ambicioso proxecto que ten coma principal finalidade converter ó Barbanza nun referente para o coñecemento da Idade de Ferro, non só no ámbito nacional senón tamén en Europa. A proposta permitirá poder desenvolver diferentes accións en cada un dos concellos que integran a Mancomunidade, poñendo en valor un total cinco castros: o castro de Isorna en Rianxo, os de Neixón e Achadizo en Boiro, o de Croa de Postmarcos na Pobra e o da Cidá en Ribeira, ó que sumará tamén o de Baroña, no concello veciño de Porto do Son. O proxecto conta co financiamento da Deputación da Coruña a través dunha achega duns 500 mil euros. Ademais de poñer en valor o Barbanza, a iniciativa contribuirá tamén a desestacionalizar a demanda turística en Arousa Norte.