RIBEIRA> O concello de Ribeira traballa na busca de financiamento por parte doutras administracións para poder sacar adiante o proxecto da biblioteca municipal. O obxectivo é licitar a obra entre finais deste ano e principios de 2027.
A futura biblioteca de Ribeira, proxectada na Casa do Gran Sol, permanece paralizada despois de que o anterior executivo rescindira o contrato por reiterados incumprimentos á empresa adxudicataria.
Á espera de que se resolva o contencioso presentado pola firma, o actual executivo traballa na busca de financiamento que permita sacar adiante esta actuación. A actualización do proxecto e, polo tanto, dos custos implicará un investimento superior ó previsto inicialmente.











