BARBANZA> A campaña comercial MercaNaVila arrancou con gran éxito en toda a provincia. Nas primeiras xornadas xa se teñen descargado centos de bonos e se adheriron ó programa a práctica totalidade dos comercios que cumpren cos requisitos.
A campaña de bonos MercaNaVila da Deputación da Coruña arrancaba esta semana en toda a provincia con grandes expectativas. A administración provincial destina unha partida de cinco millón de euros para financiar os descontos de ata 100 euros que permitirán imprimir dinamismo ó pequeno comercio das vilas de menos de 20 mil habitantes.
O presidente provincial facía este balance no Barbanza, unha das comarcas nas que mellor funcionou a campaña na súa primeira edición, con Boiro e Noia á cabeza das vendas.
Os bonos xa están dispoñibles para a súa descarga na web www.mercanavila.gal e poderán utilizarse ata o 20 de novembro en calquera dos establecementos adheridos.











