![]()
CALDAS> O interese de dúas cooperativas pola planta provocou o aprazamento do ERE, á espera de que a Xunta remate as negociacións.
{flowplayer}images/salnes/PRORROGA_ERE_CLESA.flv{/flowplayer}
Así están os ánimos dos traballadores da planta de Clesa en Saiar despois do aprazamento do ERE extintivo. O proceso tiña que ter arrancado onte, sen embargo, as negociacións da Xunta cos posibles inversores paralizaron o seu inicio.
Á espera dunha solución, a situación é cada vez máis complicada para a plantilla desta fábrica, cuxos propietarios, o Grupo Nueva Rumasa, entrara en concurso de acredores o pasado día 30 de maio.
Este xoves, a comisión de seguimento, formada polo comité da empresa e a corporación do concello de Caldas, manterá unha nova xuntanza para valorar a situación. Pero en Clesa o que se agarda é unha solución definitiva nas negociacións da Consellería coas dúas cooperativas do sector interesadas na planta.
Aínda que os nomes destas dúas empresas seguen sen facerse públicos e non existe un prazo fixado para chegar a un acordo, Dolores Ramos asegurou que agardan que a solución se coñeza nun breve período de tempo.
Redacción Salnés







