O Arosa o único que gañou nunha xornada para esquencer

SALNÉS> Non podemos falar dunha boa xornada na Preferente. Se a semana pasada gañaron todos agás o Arosa, nesta o único que foi quen de vencer foron os vilagarcáns. O Ribadumia empatou na casa e Céltiga e Portonovo caeron derrotados.

{flowplayer}images/salnes/Preferente_050911.flv{/flowplayer} 

Demasidas baixas, pouco xogo e un rival complicado enfronte. Esas son as razóns da derrota dun Portonovo que víuse superado con claridade polo Cruceiro (0-2). O partido estivo condicionado por dúas xogadas: a primeira, o tempraneiro tanto dos visitantes, obra de Raúl ós 9 minutos. A segunda, a rigorosa expulsión de Chichi mediado o primeiro tempo, que obrigou ó seu equipo a xogar con dez case unha hora. Pese ós intentos locais, o empate non chegaría. Sí a sentencia visitante, a cinco minutos para o remate co 0-2 de Congui.

Mesmo resultado deuse en Mondariz onde o arosa foi práctico e levouse os puntos ante un recén ascendido. Partido xogado con moito oficio polos de Lino Ginzález que souberon agardar as súas oportunidades. Eloy, ós 24 minutos, e Camiño no 90′, anotaron os tantos dos vilagarciáns.

Derrota tamén para o Céltiga que levaba sen perder en Liga dende o 27 de febreiro. O culpable de curtar esta xeira foi o Atios (2-1), que co seu xogo directo anotou dous tantos nos primeiros 20 minutos por mediación de Curiel e Tomás. Melloraron os da Illa no segundo tempo pero non foi suficiente. O gol de Nacho chegaría no tempo engadido.

Non houbo goles na Senra onde se enfrontaron Ribadumia e Tomiño. Os locais pecaron dos mesmos males do ano pasado e perdonáronlle a vida ó seu rival desperdiciando múltiples ocasións. Os de Pablo Vázquez visitarán a vindeira semana ó Gran Peña, mentres que o Céltiga recibirá ó Verín, e Arosa e Portonovo mediranse na Lomba no primeiro derbi da temporada.

Redacción Salnés