Everest e Nanook inauguran o regreso do Programa de Intervencións Asistidas con Animais en Cambados

CAMBADOS> Cambados xa ten en marcha unha das súas iniciativas máis populares. Trátase do Programa de Intervencións Asistidas con Animais, unha actividade impartida polo colectivo COCAN en colaboración co concello e dirixida á cativada. As sesións son totalmente gratuítas e están enfocadas a favorecer o desenvolvemento de habilidades emocionais, sociais, cognitivas e comunicativas a través do traballo con cans. Aínda hai prazas dispoñibles.

Elas son Everest e Nanook, e son as verdadeiras protagonistas da actividade que está en marcha no concello de Cambados.

Actualmente, os rapaces inscritos nesta iniciativa desenvolvida por COCAN coa colaboración do concello teñen entre 5 e 12 anos. Os perfís son variados. Algúns con necesidades especiais.

Este é só un exemplo dos beneficios da intervención asistida con animais. Nestas sesións trabállase en campos moi diferentes, aproveitando o espazo de seguridade e calma que se xera ao redor destes cans.

Everest e Nanook forman parte dun equipo moito máis amplo. COCAN conta con nove cans listos para traballar en intervencións con diferentes colectivos.

Este é o segundo ano que o concello de Cambados aposta por esta iniciativa, trala boa acollida da primeira edición. De xeito paralelo, tamén se desenvolve un programa semellante no centro de día, con persoas maiores.

As sesións deste Programa de Intervencións Asistidas con Animais son quincenais e prolongaranse ata o mes de decembro. Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta e aínda hai prazas dispoñibles.