Detidas oito persoas e incautados 400kg de cocaína nunha operación antidroga

VILAGARCÍA> Novo golpe das forzas de seguridade do Estado ao narcotráfico. A Policía Nacional detivo polo momento a oito persoas nas provincias de Pontevedra e Ourense e interveu 400 kg de cocaína que entraron por Portugal con destino a Galicia.
Oito persoas detidas nas provincias de Ourense e Pontevedra e 400kg de cocaína intervidos nun novo golpe das forzas de seguridade ao narcotráfico. A droga que entrou polo porto de Leixoes en Oporto, foi enviada a Galicia, fontes consultadas sospeitan que a orixe sexa colombiana.
O dispositivo que está coordinado dende o Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía, dende onde se decretou o segredo de sumario e tampouco se desbota a posibilidade de que se produzan máis arrestos nas vindeiras horas.
Esta operación parece que foi posible a colaboración entre as forzas de seguridade de Portugal, España e Colombia, polo que se cree que poida ser de procedencia do país sudamericano.
Polo de agora aínda se descoñecen máis datos e os arrestados permanecen custodiados en diferentes comisarias da Policía Nacional, dende a Subdelegación do Goberno non desbotan a posibilidade de que se produzan máis arrestados nas vindeiras horas.