O Conselleiro de Economía inaugura o venres a Multisectorial Fexdega

    fexdega100.jpgVILAGARCÍA> A feira Multisectorial FEXDEGA, abrirá as súas portas este venres. Na inauguración estará o conselleiro de Economía.

    {flowplayer}images/salnes/fexdega.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A feira Multisectorial FEXDEGA, abrirá as súas portas no recinto de Vilagarcía este venres. Na inauguración estará o conselleiro de Economía, Javier Guerra, entre outras autoridades.

    Nesta edición número corenta, haberá sete mil metros cadrados de exposición, dos que un 40 por cento estarán dedicados a mobiliario e interiorismo. Bazar, electrodomésticos e produtos para o fogar é o segundo sector en representación, seguido de automoción e pequeno comercio. Nesta última área estarán máis de corenta comercios do Salnés, Barbanza e Deza.

    Desde a organización destácase que unha terceira parte dos expositores son de fóra da provincia, polo que esperan que teña notables beneficios na economía da zona. A feira estará aberta ata o vindeiro luns, aproveitando de novo a Ponte do Pilar, á espera de repetir o éxito de público acadado nos últimos anos.

    Nesta edición, tamén hai programados actos paralelos. O venres pola tarde o grupo de danza Perla de Arosa animará o recinto cun pasarrúas, mentres que o sábado pola tarde, a institución lusa Turismo Porto e Norte de Portugal ofrecerá unha degustación de produtos ás autoridades do Salnés.

    Redacción Salnés