O Revenidas volve a Vilaxoán con 40 grupos no cartel e unha sección dedicada á ciencia

VILAGARCIA> Vilaxoán prepárase para unha nova edición do Revenidas. O festival vaise celebrar entre os días 10 e 13 deste mes. Traerá ata a localidade vilagarciá grupos como De Ninghures, Dakidarría, Fillas de Cassandra, 9Louro ou The Rapants. Con todo, a gran novidade deste ano é o escenario ‘Ondas e partículas’, unha iniciativa na que colabora a Universidade de Santiago. Neste espazo ofreceranse charlas e talleres divulgativos entre concertos durante as catro xornadas do festival.

The Rapants animaron este xoves en Vilaxoán a posta de longo da edición deste 2026 do festival Revenidas. O grupo figura un ano máis entre as propostas musicias que figuran no cartel, xunto con outros grandes nomes da nosa música como De Ninghures, Dakidarría, Fillas de Cassandra ou 9Louro, xunto con outros grupos do panorama nacional e internacional. O Revenidas vaise celebrar entre o 10 e 13 de setembro.

Esa innovación vén este ano da man do escenario ‘Ondas e partículas’. En colaboración coa USC, o festival contará cunha zona específica para a divulgación con charlas e obradoiros.

Entre as administracións colaboradoras, como sempre, o concello de Vilagarcía. Para o alcalde, o festival marca a fin do verán na contorna.

Tamén colaboran co Revenidas a Xunta e a Deputación de Pontevedra.

Ademais dos concertos en Vilaxoán, o Revenidas ofrecerá pequenas actuacións acústicas navegando pola ría de Arousa a bordo da embarcación tradicional Chasula. Neste caso, cun número de prazas moi reducido, cun máximo de 12 persoas por cada pase.