CAMBADOS> Cambados resolve a polémica dos festivos de 2027 cun pleno extraordinario insólito. Celebrouse este venres á unha do mediodía, convocado con apenas 24 horas de antelación. Seis dos oito concelleiros do PP non acudiron, alegando motivos laborais. Ausencia que permitiu ao tripartito sacar adiante a súa proposta: Martes de Entroido e o Día do Carme. Dende o goberno local acusan aos populares de xogar unha estratexia errática, apuntando que as datas que finalmente serán festivo eran proposta deles.
A polémica dos festivos locais en Cambados quedou zanxada en apenas media hora nun pleno extraordinario que xerou unha nova polémica. Foi convocado con carácter urxente dun día para outro para este venres á unha do mediodía.
Nos grupos da oposición, crítica unánime.
Do grupo popular ausentáronse da sesión seis dos seus oito concelleiros alegando motivos laborais. Fole di que o alcalde pasou por riba da democracia.
A ausencia dos seis concelleiros permitiu ao tripartito sacar adiante a súa proposta, polo que no 2027 os festivos locais en Cambados serán Martes de Entroido e o Día do Carme. O alcalde lembra que esta non era a proposta inicial do goberno local, senón que foi adaptada ás peticións dos populares, na procura de consenso.
O goberno local, de feito, propoñía nun primeiro momento o Luns de Entroido e o Luns de Pascua, opcións que foron rexeitadas pola oposición nun pleno en agosto. No tripartito asegura que para tentar achegar posturas co PP pasaron do Luns ao Martes de Entroido e ao Día do Carme, que era unha das datas que propoñían os populares. No goberno de coalición cren que o PP fallou na súa estratexia.
Pola súa banda, Cambados Pode desmarcábase de calquera destas dúas propostas, propoñendo facer festivos locais os luns seguintes aos dous festivos habituais, San Bieito e Santa Mariña, que o ano que vén caen en domingo. Tanto a voceira do PP como o alcalde, comprometéronse a que nos anos seguintes eses serán os festivos, como habitualmente, goberne quen goberne.











