A Escola de Teatro Valle Innova recibe o Premio Valle Inclán

PREMIOVALLE copia.jpg PONTEVEDRA> A formación vilanovesa comparte galardón con Atalaya Teatro e Teatro Temple. O xurado recoñeceu as revisións realizadas da obra do escritor.

{flowplayer}images/salnes/PREMIO_VALLE_INNOVA_120612.flv{/flowplayer}

O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra foi o escenario escollido para entregar este ano o Premio Valle-Inclán. Unha distinción dotada con 24.000 euros coa que desde hai sete anos se pretende recoñecer os traballos de investigación e difusión que entidades e particulares realizan sobre a obra do literato vilanovés. Nesta ocasión, parte do premio quedou na terra do escritor: A Escola de Teatro Valle-Innova foi unha das tres formacións que compartiron o premio. O xurado valorou as adaptacións e representacións que este grupo vén realizando das composicións valleinclanianas.

Valle Innova compartiu o premio coa agrupación sevillana Atalaya Teatro, pola montaxe da obra ‘Divinas Palabras’, e con Teatro Temple, de Zaragoza, pola representación de ‘Luces de Bohemia’. A cada un dos tres galardoados correspóndenlle oito mil euros de premio en metálico e un diploma, aínda que a partir do ano que vén, os agraciados tamén recibirán unha reprodución do escritor realizada polo escultor Lucas Míguez, autor tamén do conxunto escultórico sobre Valle Inclán situado na Praza do Castro de Vilanova. A estatua foi presentada durante a gala polo alcalde vilanovés.

Os primeiros en recibir xa estas estuíñas de xeito simbólico foron a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Os seus titulares, Alberto Núñez Feijoo e Rafael Louzán foron os encargados de recibilas de mans do alcalde vilanovés.

Redacción Salnés