Muros porá freo ó feísmo co soterramento do cableado no casco urbano

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/alcaldesa_muros_soterramento_cableado_2904161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/alcaldesa_muros_soterramento_cableado_290416.mp4{/flowplayer} MUROS> O casco histórico de Muros verase, por fin, liberado do cableado que afeaba algunhas das zonas máis emblemáticas do municipio. A compañía telefónica realizou unha proposta para o soterramento das liñas aéreas. Transcorridas varias semanas dende que o concello iniciara os contactos coa compañía telefónica, esta realizou finalmente unha proposta para proceder ó soterramento do cableado. Na actualidade, os servizos urbanísticos municipais están valorando a viabilidade do proxecto e a mellor alternativa para o seu financiamento, posto que os custos para a súa execución poderían ascender ós corenta mil euros.