O concello organiza unhas charlas de Seguridade Viaria para escolares

    educacion_viariacopy.jpgRIBADUMIA> O obxectivo desta iniciativa é concienciar ós máis cativos sobre a necesidade de respectalas normas de circulación.

    {flowplayer}images/salnes/EDUCACION_VIARIA_RIBADUMIA_120412.flv{/flowplayer}

    Tralos bos resultados obtidos en edicións pasadas, o concello de Ribadumia, un ano máis, ven de organizar, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Autoescola Sálvora, unhas xornadas sobre Seguridade Viaria dirixidas ós escolares do municipio.

    A iniciativa consiste, tal e coma explicou a alcaldesa, Salomé Peña, en impartir charlas informativas no centro escolar co obxectivo de que os rapaces coñezan e se conciencien sobre as normas de circulación.

    Precisamente isto foi o que motivou ó concello de Ribadumia a organizar estas charlas. Na formación e na prevención está a clave, segundo a alcaldesa, para contribuír a que se reduzan os datos de siniestralidade.

    A diferenza doutras edicións, nesta ocasión amais das sesións teóricas, o venres 13 pola tarde e o sábado 14 durante todo o día, a praza do concello acollerá un circuíto de Karts. Está dirixido a nenos de entre cinco e dez anos que poderán practicalos coñecementos que adquiriron nas charlas.

    Redacción Salnés