![]()
VILAGARCÍA> A competición está organizada polo Arosa SC e que conta co patrocinio da empresa Thetrend Social. O evento terá lugar a fin de semana do 16 e 17 e reunirá na Lomba a 36 equipos en categoría benxamín, de España e Portugal
{flowplayer}images/salnes/futbol7_060612.flv{/flowplayer}
Se esta semana serán os alevíns os que tomen a Lomba coa Arousa Futbol 7, dentro de dez días serán os benxamíns no Torneo Feel Cidade de Vilagarcía. Nesta primeira edición serán 500 xogadores e máis de 2.000 persoas as que visiten a capital arousá esa fin de semana.
O cartel é de luxo para un evento recén nacido. Estarán presentes a maioría dos equipos da zona do Salnés, ademais de clásicos do futbol galego como o Deportivo da Coruña ou Racing de Ferrol, asturianos como o Sporting de Xixón ou o Quirinal e portugueses da talla do Boavista, Braga ou a Escola Milan do Porto. Os equipos serán distribuídos en seis grupos de seis e xogarán liguiña sábado todo o día e domingo pola mañá para deixar as roldas eliminatorias para o domingo pola tarde.
En xogo estará un bonito trofeo deseñado por Manuel Chazo.
Redacción Salnés








