A Retorta acolle este sábado o Campionato Galego de Remo de Mar

BOIRO> Esta mañá presentábase en Boiro Campionato Galego de Remo de Mar organizado polo Club de Remo Cabo da Cruz e a Federación Galega de Remo.

Na proba, que terá lugar este vindeiro sábado 12 de setembro na praia da Retorta, a partir das dez da mañá e durante toda a xornada, tomarán parte uns 300 deportistas, dende alevíns ata veteranos nas categorías C-1, C-2 e C-3.

Dende o Concello, que colabora na organización da regata, agradeceuse ó Club e á Federación o feito de contar con Boiro para celebrar esta proba autonómica.