A mocidade de Ribeira analizará as iniciativas emprendedoras de ocio

    programaconectaxuventude100.jpgRIBEIRA> O concello de Ribeira acollerá este sábado o programa ‘Conecta’ promovido pola Dirección Xeral de Xuventude.

    {flowplayer}barbanza/programaconectaxuventude.flv{/flowplayer}

    Tralo seu paso por vilas de Santiago, Vila de Cruces, Ferrol e Burela, o programa ‘Conecta: Actívate e Emprende’ recalará este sábado en Ribeira. O obxectivo desta iniciativa, desenvolvida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia é brindar á mocidade unha vía de conexión directa coas administracións de xeito que poidan facer realidade as súas iniciativas emprendedoras.

    Ocio e tempo libre

    O tema central das xornadas serán as iniciativas emprendedoras dende o punto de vista do ocio e do tempo libre, un sector en auxe no que a administración está a realizar un importante esforzo inversor.

    As xornadas darán comezo ás dez e cuarto da mañá no auditorio de Ribeira onde se desenvolverán, ó longo de todo o día, numerosas mesas redondas, conferencias e obradoiros. Haberá tamén tempo para o lecer cun xantar na praia de Coroso tralo cal se desenvolverán actividades de ocio deportivo como rapel ou tirolina.

    Polo momento xa hai confirmada a asistencia de numerosas asociacións xuvenís e dende o concello agardan superar o cento de participantes.

    O prazo para inscribirse aínda está aberto. Pode formalizarse tanto no concello de Ribeira como na páxina web www.xuventude.net.

    Redacción Barbanza