BOIRO> Esta mañá presentábase en Boiro a quinta das seis regatas que integran este ano o Circuíto Provincial de Piragüismo da Deputación da Coruña.
A proba, que está organizada polo Club Piragüismo Rías Baixas, terá lugar este sábado 22, a partir das catro da tarde, na praia de Barraña.
Nela tomarán parte ó redor duns 300 regatistas chegados dende diferentes clubs de toda a provincia pertencentes ás categorías de prebenxamín a cadete, tanto masculina coma feminina.
Dende o Concello, que colabora na organización, valoraron moi positivamente o feito de poder acoller en Boiro este tipo de competicións e, aproveitou a presentación para destacar tamén a traxectoria deportiva do Club nestes últimos anos.











