Ribeira será sede este domingo do Campionato Xunta de Galicia de Triatlón Súper Sprint

RIBEIRA> Esta mañá presentábase en Ribeira o Campionato Xunta de Galicia de Triatlón Súper Sprint que se desenvolverá no entorno da praia de Coroso este vindeiro domingo 6 de setembro.

A proba, organizada polo Club Natación Ribeira, en colaboración coa Federación Galega de Triatlón, será valedoira para as categorías cadete e xuvenil.

Arrancará as dez da mañá e nela prevese a participación duns cen deportistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.

Á par desta competición, o Club tamén organizou o primeiro Acuatlón Ribeira nas modalidades benxamín, alevín, infantil e cadete.

Dende o Concello, que colabora na organización da actividade, destacaron a importancia deste tipo de probas .