BOIRO> Esta mañá presentábase nas instalacións de Barbanza Golf, en Macenda, a XII edición do Torneo Congalsa que se desenvolverá do 22 ó 24 deste mes de agosto.
A cita, xa un referente a nivel galego, é unha das probas máis antigas das que organiza o Club.
Prevese unha participación próxima ó cento de xogadores, que competirán nas modalidades scracth e hándicap, nas categorías, senior, feminina e junior.
Un ano máis o Torneo conta co patrocinio da firma Congalsa, que segue coa súa aposta polo deporte a nivel xeral, e ó golf en particular.
As inscricións seguen abertas, podéndose realizar a través do correo electrónico barbanzagolf@gmail.com, na páxina web www.golfdirecto.com ou directamente nas propias instalacións do Club Barbanza Golf, en Macenda.











