Uns 180 nadadores tomarán parte na IX Travesía Illa da Bensa

BOIRO> Consolidada xa no calendario deportivo oficial da temporada estival, chega unha nova edición, e xa van nove, da Travesía a Nado Illa da Bensa.

Organizada polo Club de Natación Boiro a cita terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto na praia de Carragueiros.

A proba forma parte tamén do Circuíto Galego de Augas Abertas e contará con tres percorridos de 3.500 metros para adultos e máster; 1.000 metros para alevíns; e 200 metros para nenos. Tamén incluirá a modalidade inclusiva.

Para o desenvolvemento da proba o Club conta co patrocinio de varias empresas locais entre elas Jealsa,

Dende o Concello, que tamén colabora na organización desta Travesía, fan un chamamento á participación, animando a achegarse ese día á praia de Carragueiros para disfrutar dun evento nun entorno único.