Deporte e solidarizade únense co Xadrez na Rúa

PONTEVEDRA> O deporte e a solidarizade uníronse hoxe na décima edición de Xadrez na rúa. Unha xornada que reuniu a máis de 300 escolares e na que se recolleu media tonelada de alimentos non perecedoiros.

Esta é a mostra de que o xadrez non é soamente un deporte. A décima edición de Xadrez na Rúa conseguiu superar as expectativas e recadar media tonelada de alimentos non perecedoiros que serán destinados ao Banco de Alimentos e ao Comedor Social de San Francisco. Unha iniciativa coa que a Escola Xadrez de Pontevedra busca inculcar a labor solidaria entre os máis pequenos.

Na xornada participaron máis de 300 alumnos de diferentes colexios da cidade. O obxectivo, que era dar a coñecer o xadrez e a importancia de ser solidarios, parece que o conseguiron.

E aínda que a competitividade nunca falta, hoxe…