‘Non entendemos qué lume quixeron apagar co anuncio da arbitraxe xudicial’

{flowplayer img=images/ano2013/09setembro/26/preferentes260913.jpg}images/ano2013/09setembro/26/ManifestacionPreferentes_260913.mp4{/flowplayer} Os afectados pola Preferentes do Salnés volveron á rúa para realizar unha nova retirada de fondos na oficina de NovaGaliciaBanco de Vilalonga, en Sanxenxo. É a quinta vez que realizan un acto coma este, ainda que nesta ocasión os cartos extraídos das súas contas foi inferior a quendas anteriores. Están á espera de que se produza a reunión con Xunta e entidade financeira que estaba prevista para a pasada semana. Precisamente isto, a suspensión desta xuntanza, foi o que precipitou esta nova mobilización. Queren deixar claro que non baixan a garda, e que seguirán a moverse ata lograr que lles devolvan ‘o cen por cen dos seus aforros’. O tempo, din, darálles a razón. Fóra do Salnés, os preferentistas manifestáronse hoxe ás portas da fábrica de Citroen, en Vigo, a onde acudíu o Príncipe de Asturias, ó que lle pediron audiencia.