A Primitiva deixa cincuenta mil euros en Ribeira

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/29/premio_loteria_ribeira_2902161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/29/premio_loteria_ribeira_290216.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> O sorteo da Primitiva deste sábado deixou un premio de cincuenta mil euros en Ribeira. A administración número tres da localidade selou o boleto agraciado con cinco acertos máis o complementario. Facendo gala do seu nome, a administración La Fortuna de Ribeira repartiu sorte no sorteo da Primitiva deste sábado. Cinco números máis o complementario que se traducirán nun premio de algo máis de cincuenta mil euros para o agraciado acertante que comparte sorte con outros tres premiados. Este novo premio non fai máis que confirmar a boa racha da administración número tres de Ribeira que nos últimos meses xa repartiu varios premios. Á espera de coñecer a identidade do ou dos afortunados, esta mañá comezaban as cábalas para saber a quen lle sorriu a fortuna con este premio inesperado.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí