As artes menores afrontan a veda do polbo cos bancos marisqueiros pechados

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/descargas_lonxa_ribeira1405151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/descargas_lonxa_ribeira140515.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A flota de artes menores afronta a partir de mañá unha difícil situación coa entrada en vigor da veda do polbo e a imposibilidade de mariscar en boa parte da ría por mor da toxina. Destaca ademais a baixada do prezo medio de venda das especies descargadas na lonxa de Ribeira. A evolución positiva das descargas en lonxa ó longo de 2014, debullada no parlamento polo secretario xeral do Mar, semella non seguir a mesma tendencia nestes primeiros meses de 2015. Aínda que si aumentaron as descargas en rulas como a de Ribeira, con catrocentos mil quilos máis, o prezo medio de venda está moi por debaixo que na anterior campaña. Esta tendencia dos prezos á baixa non é o único problema que deben afrontar os mariñeiros, moi prexudicados pola presenza da toxina que mantén pechadas os polígonos bateeiros a maior parte das concesións marisqueiras da ría. Á falla de ameixa sumarase agora a do polbo coa entrada en vigor da veda tras unha campaña marcada pola escaseza. En canto ás expectativas para os próximos meses, agárdase que a entrada de nordeste contribúa a facer remitir a toxina para retomar a campaña de verán. En canto á sardiña, unha das especies máis demandadas nestes meses, semella que volverá escasear igual que nos últimos anos. Malia estes datos, a lonxa de Ribeira segue a situarse como a terceira de Galicia a nivel de descargas e a quinta en facturación. Durante a campaña de 2014, a rula de Ribeira facturou trinta e cinco millóns de euros e descargáronse durante todo o ano máis de trinta millóns de quilos Por especies destacan o lirio, a xarda e o xurelo.