Apoio ó CIM de Vilagarcía ante o aumento de consultas por violencia sexista

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/ruedacim.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/RUEDA_CIM_VILLA.mp4{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Vilagarcía recibirá 45.000 euros de parte Secretaría Xeral da Igualdade para o seu Centro de Información á Muller. Durante a visita realizada ó centro polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda anunciou que a Xunta destinará 3,3 millóns de euros ós concellos para a promoción de igualdade. Case mil persoas usaron o centro de Información á Muller de Vilagarcía no que vai de ano. Neste exercicio incrementáronse as consultas por violencia de xénero e, a día de hoxe, hai ditadas 90 ordes de afastamento por este motivo. Son datos que se ofreceron durante a visita que realizou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, ó CIM de Vilagarcía. A Xunta destinará 3,3 millóns de euros a programas de promoción da igualdade, prevención e tratamento integral da violencia de xénero, fomento da conciliación e apoio aos CIMs. Hoxe mesmo sae publicada no DOG a orde de axudas. O CIM de Vilagarcía recibirá 45 mil euros da Xunta. Ó Concello suponlle un gasto anual de 200 mil euros, e aseguran que seguirán apostando por este servizo. O CIM de Vilagarcía conta con sete traballadores e ofrece asesoramento, legal e xurídico, apoio psicolóxico e mediación familar, ademais de desenvolver programas propios. O cuarto xulgado, á espera O conselleiro de Xustiza fixo referencia ó proxecto de dotar á vapital da Arousa dun cuarto Xulgado para dar saída á saturación que existe nas actuais instalacións. Segundo o explicado por Rueda, a obra terá que seguir agardando. O titular de Presidencia explicou que a Xunta está á espera de que o goberno central anuncie a súa reforma da planta xudicial para poder estudar qué distribucións e propostas se farán en Galicia.