Aires renovados, mesma filosofía

PONTEVEDRA> A Aula Castelao de Filosofia vén de renovar o equipo de dirección. Os novos cargos ó mando da entidade reuníronse co alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, para conversar sobre os obxectivos do colectivo e os plans para a próxima Semana da Filosofia, que o próximo ano acadará a edición XXXI.

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibíu no concello a parte da nova directiva da Aula Castelao de Filosofía, formada na súa meirande parte por mulleres. Ana Regueira é a nova coordinadora, Óscar Rodríguez o vicecoordinador, Mercedes Moreno a secretaria e Montse Arén a tesoureira. Câmbios por tanto nos xestores da entidade pero non na filosofia. Aseguran que seguirán traballando na mesma liña que ata o de agora. A Semana da Filosofía, que cumprirá no 2014 a súa edición número XXI, celebrarase do 21 ó 25 de abril. A seis meses vista pouco ou nada hai pechado do programa e dos convidados, se ben as xornadas centraranse na situación da sociedade actual e as posibilidades de cambio da mesma. O alcalde aproveitou o encontro para manifestar á directiva que o concello seguirá apoiando este evento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/loresaulacastelao.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/LoresRecibeCastelao_041013.mp4{/flowplayer}