Os sindicatos queren afastar ó xerente da residencia Valle-Inclán da súa poxa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/novos_datos_valle_inclan_040314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/novos_datos_valle_inclan_040314.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Os sindicatos piden ó xuíz que ningún dos xestores da residencia Valle-Inclán poida concorrer á poxa do vindeiro día 26. O sindicato fai esta petición despois de que se dera a coñecer o informe do administrador concursal da empresa propietaria, Viaxes Silgar, que só considera responsable da quebra a Francisco Rodríguez.

Para os sindicatos, Francisco Rodríguez e Enrique Martínez son responsables da quebra de Viaxes Silgar, a empresa propietaria da residencia Valle-Inclán. 

É neste punto no que CIG, Comisións Obreiras e UXT se distancian do informe realizado polo administrador concursal de Viaxes Silgar. Consideran o documento incompleto xa que  nel só se sinala a Rodríguez Janeiro como responsable da quebra, obrigándoo incluso a responder co seu capital privado polas posibles débedas que poidan quedar cos acredores. 

A intención dos sindicatos é que ningún dos dous poida concorrer á poxa das instalacións e dos servizos que se realizará o vindeiro día 26 de marzo.

Ademais os representantes dos traballadores acusaron á Xunta de ser cómplice dos xestores da residencia  que, aseguran, adebedan ó redor de 750 mil euros ás empregadas. A débeda total podería superar os 6 millóns de euros.