Callejeros Barbanza tamén colabora no tratamento de Alexia

BARBANZA> Callejeros Barbanza entrega á Fundación Amigos de Galicia unhas catro toneladas de tapóns de plástico recollidos na comarca. Serán destinados a diversas campañas que está  a levar a cabo a Fundación para pagar o tratamento de menores con dificultades no seu  desenvolvemento.

Persoal da Fundación Amigos de Galicia desprazouse esta mañá a Boiro para recoller ó redor dunhas catro toneladas de tapóns de plástico. O material estaba almacenado na antiga unitaria de Cespón, hoxe convertida en local social. Unhas instalacións cedidas polo Concello á asociación Callejeros Barbanza que foi quen se encargou da de recollida dos tapóns na comarca.

Dende a asociación, que habitualmente traballa na atención dos casos de abandono de animais na comarca, destaca a colaboración cidadá.

Neste caso os tapóns recollidos irán para cubrir sesión de equinoterapia durante seis meses en favor da nena ourensá Alexia, de apenas dous anos, que padece parálise cerebral infantil bilateral e epilepsia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí