A Fangueira xa está dividida e reaberta ó marisqueo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/03/marisqueo_fangueira_balizada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/03/marisqueo_fangueira_balizada.mp4{/flowplayer} <hr id=”system-readmore” /> 

     

    VILAGARCÍA> Dende o sábado, as agrupacións de mariscadores de a pé e a flote de Carril xa teñen divida a A Fangueira. Consellería e Confraría balizaron por fin a zona, buscando pór fin ó conflito aberto dende hai dúas semanas entre as mariscadoras de a pé e a presidenta dos de a flote

    A Fangueira xa está dividida. Os que acudiron hoxe a faenar atoparon as zonas de traballo das agrupacións de a pé e a flote perfectamente delimitadas. Os técnicos da Consellería do Mar e da confraría de Carril traballaron o sábado para balizar a zona, e pechar así o conflito aberto entre as mariscadoras de a pé e a presidenta da agrupación de a flote.

    Así, A Fangueira xa volve estar aberta ó marisqueo. Iso si, para aqueles que teñan permex. Outra reclamación das mariscadoras da zona.

    Preto de 25 traballadoras faenan na Fangueira con permex, unha zona que, aseguran, podería manter a moitas máis persoas.

    Se a Xunta segue sen abrir as listas para conceder máis permex, para as mariscadoras a solución pasaría por facer da Fangueira unha zona de libre marisqueo, na que fora a propia confraría carrilexa a que concedera permisos para faenar ás decenas de mozos que queren traballar no mar.