A oposición deixa plantado ó goberno no pleno máis importante do ano

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/28/plenopresupostosboiro280314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/28/plenopresupostosboiro280314.mp4{/flowplayer} BOIRO> Os catro grupos da oposición: BNG, PSOE, Iniciativa Cidadá e Unión Popular, pediron o aprazamento da sesión ó non poder dispor durante toda esta semana da información e o asesoramento dos técnicos do departamento de Intervención. Este é o momento no que a totalidade dos edís da oposición deciden levantarse e abandonar a sesión na que ían aprobarse os orzamentos municipais. Con anterioridade cada un dos portavoces explicou as razóns que os levaron a tomar esta decisión, pedíndolle ó alcalde o aprazamento do pleno, debido ás circunstancias ‘especiais’ vividas esta semana no concello, ante a ausencia do persoal de intervención, o que provocou que non pudieran ter acceso a moita documentación. O voceiro do BNG, Xosé Deira, foi o encargado de dar lectura a un comunicado conxunto no que volvía a pedirlle ó alcalde o aprazamento do pleno, xa que a oposición non tivo acceso a moita da información dos orzamentos. O voceiro socialista, Jorge Campaña, foi máis alá e quixo coñecer tamén as razóns polas que o alcalde ordeou á Policía Local rexistrar o coche da ata esta semana interventora titular. A marcha dos edís da oposición non variou en nada as intencións do equipo de goberno, que continuou co desenvolvemento do pleno con total normalidade, dando aprobación ós orzamentos municipais para este ano. Non sen antes, xa con escanos baleiros, e especialmente doído, o rexedor boirense cargou contra a oposición, ós que tildou de irresponsables, acusándoos de manter unha actitude lamentable na sesión, sen dúbida unha das máis importantes, como é a do debate orzamentario.