Zona Aberta tenta frear ó concello cun contencioso contra o estudo de Megasa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/contenciosoxonaaberta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/CONTENCIOSO_ZONA_ABERTA.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> Os comerciantes de zona Aberta recorren ós tribunais para parar ó concello de Vilagarcía na actuación urbanística planeada para a finca da antiga Megasa. Presentaron ante a sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un escrito co que tratan de que se tombe o acordo plenario aprobado en solitario polo goberno de Tomás Fole e que eles consideran que encobre a creación dunha gran área comercial na avenida das Carolinas. Un paso máis para intentar parar os pés ó goberno de Tomás Fole. Os comerciantes de Zona Aberta veñen de presentar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un contencioso administrativo contra o acordo plenario do 31 de marzo deste ano, no que o executivo vilagarcíán aprobou en solitario o estudo de detalle de ordenacion de volumes no terro que ocupaba a antiga Megasa. A presentación deste contencioso permite paralizar temporalmente a actividade da administración local. En dous meses, sen contar agosto, que se detén a actividade xudicial, Zona Aberta agarda que o alto Tribunal se pronuncia sobre se acepta ou non a trámite o escrito. De facelo, o colectivo deberá presentar tódalas alegacións e motivos polos que solicita a anulación dese acordo.Un trámite que se alongaría outros seis meses aproximadamente ata obter a deliberación. Á marxe desta medida, anuncia que en breve tamén terán listo o escrito que asinarán xunto ós grupos da oposición en contra da posible instalación dunha área comercial na avenida das Carolinas. A partir de setembro, cando os socios relaxen a actividade comercial do verán, anuncian novas medidas.

Comments are closed.