O goberno pobrense aproba en solitario os orzamentos

    POBRA> A sesión plenaria celebrada na Pobra do Caramiñal foi moito máis tranquila que a vivida en Boiro e nela debatéronse tamén os orzamentos municipais para este ano 2014, cuxo importe global ascende a 6’7 millóns de euros. O equipo de goberno sacou adiante en solitario este punto, cos votos en contra da oposición, BNG e Partido Socialista. Os nacionalistas comezaron a súa intervención criticando o feito de que o equipo de goberno incluíra a aprobación presupostaria no punto 12 dun pleno de 18 puntos dentro da orde do día, o que evidencia a importancia que lle dá actualmente a este apartado. O seu portavoz, Severino Romero, sinalou ademais que se tratan duns orzamentos calcados ós de anos anteriores, cun goberno sen iniciativa política e moi condicionado pola mala situación económica das arcas municipais derivada dos problemas de pago a provedores. Toda unha serie de circunstancias que deberán asumir os veciños coa suba brutal do IBI e o incremento do canon a SOGAMA, que de seguro repercutirá nas súas economías. Pola súa banda, dende as filas socialistas, a súa voceira, Teresa García Guillán, criticuou tamén o elevado endebedamento das arcas municipais, cunha débeda, segundo ela, ós bancos de 3’4 millóns de euros, destacando tamén a escasa partida de recursos propios destinada a investimentos, tan só 329 mil euros.