Os alcaldes defenderán Barbanza coma sede de xulgados de instancia

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/21/alcaldesbarbanzapartidoxudicialribeira210414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/21/alcaldesbarbanzapartidoxudicialribeira210414.mp4{/flowplayer} BARBANZA> Preocupados por esta reforma levarán ós seus respectivos plenos unha moción tipo para garantir este servizo na comarca. Aínda que sinalaron que set rata dun anteproxecto que aínda están unha fase de inicio, e que levará posteriormente numerosas análise se cambios, os catro alcaldes que conforma no partido xudicial de Ribeira, neste caso Pobra, Boiro, Porto do Son e Ribeira quixeron manifestar a súa preocupación por este asunto. Por esta razón anunciaron que presentarán nos seus respectivos concellos unha moción en defensa da cercanía dos servizos de xustiza ó cidadán e que garanta a máxima eficacia na prestación dos mesmos. Os catro alcaldes destacaron a relevancia que a nivel poboacional ten esta comarca e a importante carga de traballo que soportan os xulgados de Ribeira, o noveno de Galicia con máis de 8.000 asuntos, de aí a necesidade de seguir mantendo este servizo básico para os veciños do Barbanza.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí