Os peches por marea vermella podería prolongarse semanas

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/covadonga_.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/INTECMAR_TOXINA.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> Os polígonos bateeiros e os bancos marisqueiros das Rías Baixas poderían permanecer pechados semanas a causa da actual marea vermella. Desde o INTECMAR veñen de explicar as causas deste episodio tan virulento de toxinas lipofílicas que podería producir máis peches nos vindeiros días. A incidencia de tóxinas lipofílicas está a provocar o peche de case tódolos polígonos bateeiros das Rías Baixas, salvo seis no interior da Ría de Vigo, e de varios bancos marisqueiros: toda a Ría de Muros e Pontevedra, as zonas unha dúas e tres da Arousa e varias zonas da Ría de Vigo. A combinación de dúas especies fitoplactonicas combinadas estaría detrás da virulencia deste episodio; natural e habitual nas Rías Galegas. Este peche poderían prolongarse durante semanas e podería ampliarse a máis zonas nos vindeiros días. Con estas clausuras, o Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño asegúrase que non chega ningún producto en mal estado ó consumidor final; co que a salubridade está garantida. Ante episodios coma este, cabe resaltar a obrigatoriedade de mercar só polas cauces legais estipuladas. Os comunicados de toxicidade remítense de inmediato vía email e tamén a través da páxina web INTECMAR.org. Ó respecto da polémica ocasionada desta volta sobre os tempos de aviso con escasa marxe, a Directora do INTECMAR defendeu que se fixo ca máxima celeridade posible, especialmente no tocante ós bancos marisqueiros da Ría de Muros e Noia; onde a propia Confraría noiesa tomou a precaución de prohibir traballar á espera dos resultados.