Noia Histórica repartirá máis de tres mil euros na súa campaña de primavera

    NOIA> Na iniciativa, que se desenvolverá do 25 de abril ó 4 de maio, tomarán parte uns cen establecementos, tanto do sector comercio coma da hostalería. A campaña de primavera de Noia Histórica desenvolverase do 25 de abril ó 4 de maio, e nela tomarán parte ó redor duns cen establecementos, tanto de comercio coma de hostalería. Con esta campaña comercial a patronal noiesa pretende recuperar unha actividade promocional que levaba uns anos paralizada e que agora adquire un novo formato, a través de rascas con premios directos de un e dous euros para os seus clientes. A campaña xorde cunha finalidade clara que non é outra que estimular as vendas, despois dun primeiro trimestre do ano cativo. Dende a propia directiva da asociación sinalaron ademais que a campaña non terá custe algún a maiores para os socios de Noia Histórica.